Aquí podedes atopar parte do stock da xa clausurada editora O Figurante. A maiores, encontraredes outros libros que, polas súas características, son de difícil acceso polas canles habituais.

Non se trata de libros de segunda man, senón de restos editoriais.

Os envíos realizaranse por Correos a partir da solicitude e pago por paypal. Para outras formas de pago e/ou recepción, por favor, contactade co administrador da páxina.

Os gastos de envío están incluídos no prezo, sempre que se realicen dentro do estado español. Para envíos a outros países, por favor, poñédevos en contacto co administrador.